Equipo multidisciplinar
Persoal de xestión
- Subdirectores/as: Haberá un/unha subdirector/a en cada Subdirección Territorial (en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Lugo).
- Xefes/as de Servizo: Haberá un/unha xefe/a do servizo de patoloxia e un/unha xefe/a do servizo de clínica. Son os encargados de organizar estas áreas de traballo xunto cos xefes/as de sección de cada unha delas, que traballan en cada Subdirección.
Entre as súas funcións atópanse a supervisión e coordinación dos equipos, control dos recursos materiais, humanos e financeiros, planificación etc.
Médicos/as forenses
O persoal médico forense consta de funcionarios/as que constitúen un corpo nacional de titulados/as superiores ao servizo da Administración de Xustiza. Para o acceso a este corpo esíxese estar en posesión da licenciatura en medicina.
O persoal médico forense destinado no Instituto de Medicina Legal de Galicia depende da dirección do Instituto e, no curso das actuacións procesuais, están ás ordes das autoridades xudiciais e fiscais, emitindo os seus ditames médicos con plena independencia e baixo criterios estritamente científicos.
Auxiliares de autopsia
Asisten na realización das autopsias forenses e xestionan as mostras que se envían aos laboratorios.
Equipos psicosociais
- Psicólogos/as forenses: Realizan avaliacións psicolóxicas e emiten informes no contexto da clínica médico-forense.
- Traballadores/as sociais: Realizan as avaliacións sociais e emiten informes.
Poden realizar avaliacións en conxunto formando parte de equipos multidisciplinares no ámbito da valoración de violencia de xénero, violencia sexual e violencia contra menores e persoas con discapacidade, así como nos conflitos de familia.