Funcións

Probas periciais en materia de medicina forense, psicoloxía e traballo social


O Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) conta con dúas áreas fundamentais para realizar o seu labor pericial.

A área clínica forense encárgase da valoración médica e psicolóxica das persoas involucradas en procesos xudiciais, proporcionando informes técnicos que contribúen á correcta administración de xustiza.

A área patolóxica forense, pola súa banda, realiza o estudo exhaustivo das causas e circunstancias do falecemento mediante autopsias e análises científicos, apoiando a investigación xudicial con rigor e precisión.

Xunta de Galicia