Investigación e colaboración con entidades de interese social
Colaboración coa Organización Nacional de Transplantes
O IMELGA xoga un papel importante na colaboración coa Organización Nacional de Transplantes para asegurar que a extracción dos órganos se realice conforme á lexislación vixente e se respecte a dignidade da persoa falecida. Isto é particularmente importante cando se trata de persoas falecidas en circunstancias non naturais (por causas violentas, accidentais ou suicidas).