Na área de Patoloxía Forense
No ámbito do medicina forense, a área de patoloxía forense ocúpase da investigación médico-legal dos falecementos, axudando a determinar se a causa foi natural, accidental, suicida ou homicida.
As probas periciais nesta área son fundamentais para o esclarecemento das causas do falecemento proporcionando información relevante en investigacións xudiciais.
As probas periciais na área de patoloxía forense poden incluír:
Autopsia médico-Legal
A autopsia forense é a proba principal na área de patoloxía forense. Consiste no exame da persoa para determinar a causa do falecemento. A autopsia componse dun exame externo e interno::
- Exame externo: Implica o exame de lesións externas como feridas, contusións, fracturas, queimaduras ou calquera outro signo visible de violencia, enfermidade ou intoxicación. Tamén inclúe a toma de mostras de fluídos para a súa análise posterior.
- Exame interno: Implica o exame de lesións internas, hemorraxias, fracturas de ósos ou alteracións en órganos vitais (como o corazón, pulmóns, fígado, riles, etc.) que poidan causar o falecemento. Ademais, pódense tomar mostras de tecidos para realizar análises histolóxicas, toxicolóxicas e microbiolóxicas.
Determinación da causa do falecemento
Unha das principais funcións da patoloxía forense é establecer a causa do falecemento.
- Causas naturais: Se a causa é atribuíble a unha enfermidade ou condición médica (como un infarto, accidente cerebrovascular, insuficiencia orgánica , etc.) a autopsia pode revelar signos diso, en aquellos casos de personas que no tenían una enfermedad importante conocida.
- Causas violentas: O patólogo forense buscará sinais de violencia física, como feridas de arma branca, de lume, ou asfixia. Nestes casos, a autopsia é esencial para determinar a natureza e extensión das lesións que causaron o falecemento.
- Accidente: En casos de accidentes (caídas, atropelos, afogamentos, intoxicación por substancias , etc.), o patólogo forense pode identificar as lesións que ocorreron no incidente e determinar se o falecemento foi accidental.
- Suicidio: A autopsia pode ser clave para distinguir un suicidio dun homicidio. Búscanse signos como lesións e patróns típicos de suicidio, e realízanse análises para a detección de substancias tóxicas.
- Homicidio: Nestes casos a autopsia pode achegar probas para identificar o agresor, vinculalo coa vítima e agresor.
Exames complementarios
Os exames complementarios son fundamentais para determinar se a causa do falecemento está relacionada co consumo de substancias tóxicas, xa sexa de maneira intencional (suicidio) ou non intencional (accidente ou envelenamento). Estes poden incluír:
- Análise de sangue, ouriños ou outros: Realízase para detectar a presenza de drogas, alcol, produtos químicos ou medicinas que poidan ter influído no falecemento.
- Análise histopatológicos de órganos e tecidos: Realízase unha análise ao microscopio dos cambios que se produciron para saber se existen enfermidades ou se se produciron cando a persoa estaba viva ou xa falecida.
-
Análise criminalísticos: Realízanse para identificar as armas coas que se produciron as feridas e os rastros que deixaron os posibles agresores (ADN, impresións dixitais...) ou do lugar dos feitos para que se poida investigar e reconstruír as circunstancias dos feitos que se xulgarán despois.
Identificación do falecido
Os patólogos forenses poden utilizar diferentes técnicas para confirmar a identidade da persoa falecida. As técnicas inclúen:
- Identificación preliminar: Comparación con fotografías ou documentos identificativos.
- Identificación por métodos científicos: impresións dixitais, rexistros dentais ou probas de imaxe médica.
- Identificación xenética: A análise do ADN é unha das formas máis precisas de identificación nos casos onde outras opcións non son viables.
Ligazóns de interese:
- Información para as familias dos falecidos: Guía para familiares do procedemento forense
Ligazóns de interese:
- Información para as familias dos falecidos: Guía para familiares do procedemento forense