Investigación e colaboración con entidades de interese social

Colaboración co Instituto Nacional de Estatística (INE)


O Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) colabora estreitamente co Instituto Nacional de Estatística (INE), proporcionando datos esenciais para a elaboración de estatísticas oficiais en España.

Unha das principais fontes de información para o INE son os certificados de defunción, que inclúen detalles sobre as causas de falecemento. A Xunta de Galicia implementou unha solución tecnolóxica para automatizar o proceso de rexistro desta información, garantindo maior fiabilidade e axilidade as estatísticas.

Xunta de Galicia