Colaboración co Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Asistencia ás vítimas de abusos sexuais, psiquicos ou físicos
O Instituto colabora cos centros de saúde e hospitais para mellorar a atención integral ás vítimas de violencia sexual, investigación do abuso infantil ou calquera outra especialmente vulnerable proporcionando:
-
Formación especializada aos profesionais sanitarios para mellorar a asistencia a estas vítimas e a recollida de probas con validez xudicial..
-
Intercambio de información, sempre anónima, dos casos que valoramos para axudar a establecer e mellorar a súa prevención polo servizo público de saúde.
Colaboración na prevención e promoción da saúde
O Imelga contribúe, mediante o intercambio de datos anónimos dos casos xudiciais nos que intervén, á mellora dos programas de prevención de enfermidades e falecementos, como a prevención da morte súbita, a prevención do suicidio e a prevención de condutas adictivas, en colaboración co Servizo Galego de Saúde e outros organismos sanitarios.
- Prevención de mortes súbitas: O Imelga involúcrase na prevención de mortes súbitas en colaboración co Servizo Galego de Saúde (Sergas) e outras entidades de saúde pública. A través da recompilación de datos e a investigación forense, o instituto contribúe a identificar patróns e factores de risco, que axudan a desenvolver estratexias preventivas para reducir a incidencia de falecementos inesperados na poboación.
- Prevención de condutas suicidas: O Imelga traballa xunto a organizacións e servizos sanitarios na prevención do suicidio, proporcionando información de calidade derivada das investigacións deste tipo de falecementos, que poden axudar a identificar factores de risco e proporcionar intervencións temperás ás persoas en risco.
- Prevención de adiccións: A través da súa colaboración coas institucións sanitarias, o Imelga participa en programas de prevención e tratamento de achegando os resultados das nosas análises para mellorar a prevención e tratamento de adiccións a substancias ou drogas de abuso.
- Colaboración en campañas educativas de saúde pública: O Imelga colabora co SERGAS e outras entidades sanitarias na promoción de programas de saúde pública, que poden incluír a educación sobre hábitos saudables, a detección temperá de trastornos ou a mellora da resposta ante emerxencias sanitarias.